Despóis da primeira carreira xa temos os puntos asignados en cada categoría en función do posto acadado nesta proba. Anímate na vindeira carreira de febreiro a seguir sumando puntos na liga, e se non puideches vir ao Valle Inclán convidámosche a meterte na liga na segunda proba.
viernes, 11 de diciembre de 2015
domingo, 6 de diciembre de 2015
GALERÍA DE FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA
Éxito rotundo na primeira das citas desta liga. Preto de 300 escolares se deron cita na matinal deste 6 de Decembro no colexio Valle Inclán para disfrutar correndo nun circuito moi vistoso a carón mesmo da Ría de Arousa. Nos próximos días colgaremos as clasificacións desta primeira carreira. A continuación podedes acceder á ampla galería de fotos do evento pinchando na foto.
PINCHA NA FOTO
miércoles, 2 de diciembre de 2015
REGLAMENTO da liga
- Organizan: CEIP Valle Inclán, Concello de O Grove e o club “Ría de Arousa” de O Grove.
- Colaboran: Centros educativos de O Grove.
- Obxectivo: Promocionar o deporte do atletismo e os seus valores entre os rapaces e as familias do Concello.
- Lugar e datas: Celebraranse un total de catro carreiras ao longo do curso 2015-2016 co seguinte calendario:
- Domingo 6 de Decembro, no colexio Valle Inclán.
- Febreiro de 2016, en Feans-A Lanzada (data exacta por determinar).
- Abril de 2016, no colexio Conmeniño (data exacta aínda por determinar).
- Xuño de 2016, no Parque Forestal de A Toxa (data por determinar).
- Horario: 10:30 horas.
-Categorías e distancias aproximadas a percorrer:
- Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)……………………….........150 m.
- Prebenxamín (nados en 2009/ 1º de Primaria) …….......….300 m.
(As carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín non terán carácter competitivo).
- Benxamín (nados en 2008-2007 / 2º e 3º de Primaria)........600 m.
- Alevín (nados en 2006/2005 / 4º e 5º de Primaria)….........1200 m.
- Infantil (nados en 2004/2003 / 6º Prim. e1º da ESO)…......2000 m.
-Cadete (nados en 2002/2001 / 2º e 3º da ESO)……......…2600 m.
Na última carreira a disputar no Parque Forestal de A Toxa poderán participar tamén atletas das categorías xuvenil e senior .
-Inscripcións: A través dos centros educativos e Institutos nas semanas previas a cada carreira. Excepcionalmente o día da proba na zona de meta antes das 10:30 horas.
(Poderase participar nunha carreira, en dúas, en tres ou nas catro ao longo do curso).
-Retirada de dorsais: Entregaráselles nos centros educativos na semana previa a cada carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.
-Clasificacións e sistema de puntuación: En cada carreira otorgarse unha puntuación en cada categoría (diferenciando masculina e feminina) en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª posición: 95 puntos; 3ª posición: 90 puntos;
4ª posición: 85 puntos; 5ª posición: 80 puntos; 6ª posición:75 puntos; 7ª posición:70 puntos; 8ª posición:65 puntos; 9ª posición: 60 puntos; 10ª posición: 55 puntos; 11ª posición: 54 puntos; 12ª posición: 53 puntos;…
Establecerase unha clasificación final coa suma dos puntos acadados nas catro carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais da liga de carreiras en cada categoría.
-Premios: Entregaranse na última carreira na Toxa.
Haberá medallas para todos os participantes.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis puntos sumando os resultados das catro carreiras.
-Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado o carácter festivo do evento a Organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os participantes estarán en todo momento baixo a custodia dun familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non se responsabiliza dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os participantes durante as probas como consecuencia das mesmas.
- Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións provisionais e finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na proba implica a aceptación do presente regulamento.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)