lunes, 29 de febrero de 2016

PERCORRIDOS E DISTANCIAS para a 2ª CARREIRA DA LIGA

Xa temos o diseño do que van ser as diferentes carreiras deste próximo domingo en Feáns. Como novidade haberá carreira para as categorías xuvenil e senior sobre unha distancia de 2600 m. para que todo o mundo se anime a participar. Vémonos o vindeiro Domingo 6 de Marzo.
(Pinchade na imaxe para ver os circuitos e distancias en grande)

viernes, 12 de febrero de 2016

CAMBIO DE DATA DA SEGUNDA CARREIRA

Debido ao cambio de data do desfile de Entroido en O Grove para o vindeiro sábado 20 de Febreiro, e dada a repercusión festiva que ten esta tradición no pobo, a organización decidiu cambiar  a data inicial proposta para a segunda carreira que ía ter lugar en Feáns o domingo 21 de Febreiro e pasala para o domingo 6 de Marzo. Iremos dando puntualmente máis información.

lunes, 1 de febrero de 2016

SEGUNDA CARREIRA

Xa temos data e lugar para celebrar a segunda cita da liga de carreiras escolares. Será o domingo 21 de Febreiro a partir das 10:30 horas en Feáns, a carón da praia da Lanzada (xunto á rotonda que colle a San Vicente). Na vindeira semana mandaremos os boletíns de inscripción aos centro educativos para que vos apuntedes todos aqueles que queirades pasar unha mañá disfrutando do atletismo.Nos vindeiros días ampliaremos esta información. Animádevos!