martes, 26 de abril de 2016

Terceira carreira. ATENCIÓN, NOVA DATA

Xa temos  data para a terceira carreira da liga. Será o vindeiro Martes 17 de Maio, día das Letras Galegas en horario de tarde, a partir das 17:00 h.  no patio do colexio Conminiño. En breve publicaremos os percorridos e distancias das diferentes categorías. Animádevos  a pasar un día divertido facendo unha actividade saudable e seguide sumando puntos para a liga. Vémonos alí!!

martes, 12 de abril de 2016

Modificación na clasificación da categoría BENXAMÍN FEMININA

Unha vez publicadas as clasificacións despois da segunda carreira en Feáns detectouse un erro na correspondente á categoría Benxamín Feminina,  ao non figurar unha nena que entrou na quinta posición, como así o corroboran as fotos da carreira. Esta é a clasificación definitiva desta categoría tras a cita de Feáns: