lunes, 4 de diciembre de 2017

CLASIFICACIÓNS DESPOIS DA PRIMEIRA CARREIRA DA LIGA

Despois da primeira carreira disputada no patio do Colexio Valle Inclán aquí tedes como van as clasificacións das distintas categorías que puntúan para a liga. Lembrade que a vindeira cita será no mes de Febreiro nun lugar de San Vicente aínda por precisar. Mentras tanto, a adestrar!







  


FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA

Mentres agardamos a que se publiquen os resultados da primeira carreira disputada este sábado día 2 de Decembro no Ceip Valle Inclán, aquí tedes a reportaxe fotográfica da mesma feita polo noso compañeiro Xabier Maldonado. Espreremos que vos gusten!

                                              (Preme na foto para acceder á reportaxe)

jueves, 30 de noviembre de 2017

PERCORRIDOS E DISTANCIAS DA PRIMEIRA PROBA

Importante!, comezaremos pola carreira de maiores, na que participarán conxuntamente os atletas das categorías infantil, cadete e xuvenil. A cita, este sábado a partir das 10:30 horas no Ceip Valle Inclán.


martes, 21 de noviembre de 2017

REGULAMENTO da III LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE

- Organizan: CEIP Valle Inclán, Concello de O Grove  e o club deportivo “Ría de Arousa”, de O Grove.

- Colaboran: Centros educativos de O Grove.

- Obxectivo: Promocionar o deporte do atletismo  e os seus valores entre os rapaces e as familias  do Concello e arredores.

- Lugar e datas: Celebraranse un total de catro carreiras ao longo do curso 2017-2018 co seguinte calendario:
- Sábado 2 de Decembro, no colexio Valle Inclán.
- Febreiro ou Marzo de 2018, en San Vicente (data  aínda por determinar).
- Abril ou Maio de 2018, en Feáns-A Lanzada (data exacta  por determinar).
- Xuño de 2017, no Parque Forestal de A Toxa (data por determinar).

- Horario: 10:30 horas.

-Categorías e distancias aproximadas a percorrer:

- Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)………………………....150 m.
- Prebenxamín (nados en 2011/ 1º de Primaria) ……..….300 m.

(As carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín non terán carácter competitivo,é dicir, non puntuarán na liga).


- Benxamín- Sub 10 (nados en 2010-2009 / 2º e 3º de Primaria).. ..600 m.
- Alevín - Sub 12 (nados en 2008/2007 / 4º e 5º de Primaria)….....1200 m.
- Infantil - Sub 14 (nados en 2006/2005 / 6º Prim. e1º da ESO)…..2000 m.
 -Cadete - Sub 16 (nados en 2004/2003 / 2º e 3º da ESO)…………2600 m.
 -Xuvenil- Sub 18 (nados en 2002/2001)…………………………… 2600 m.
 Nalgunhas das carreiras, puntualmente, poderán participar  tamén atletas da categoría senior .   

-Inscripcións: A través dos  centros educativos  e Institutos de O Grove nas semanas previas a cada carreira. Excepcionalmente   o día da proba na zona de meta antes das 10:30 horas.
(Poderase participar nunha carreira, en dúas, en tres ou nas catro ao longo do curso).

-Retirada de dorsais: Entregaráselles nos centros educativos de O Grove na semana previa a cada carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.

-Clasificacións e sistema de puntuación: En cada carreira otorgarse unha puntuación en cada categoría (diferenciando masculina e feminina) en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª posición: 95 puntos; 3ª posición: 90 puntos;
4ª posición: 85 puntos; 5ª posición: 80 puntos; 6ª posición:75 puntos; 7ª posición:70 puntos; 8ª posición:65 puntos; 9ª posición: 60 puntos; 10ª posición: 55 puntos; 11ª posición: 54 puntos; 12ª posición: 53 puntos;…


Establecerase unha clasificación final coa suma dos puntos acadados nas
catro carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais da liga de carreiras en cada categoría. No caso de empate ganará o que máis victorias teña; no caso de persistir o empate gañará o que se clasifique por diante na derradeira carreira de A Toxa.                                                                              

-Premios: Entregaranse na última carreira na Toxa.
·         Haberá medallas para todos os participantes.
·         Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis puntos sumando os resultados das catro carreiras.

-Será motivo de descalificación  calquera infracción grave estimada polo comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado o carácter lúdico do evento a Organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os participantes estarán en todo momento baixo a custodia dun familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non se responsabiliza dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os participantes durante as probas como consecuencia das mesmas.
- Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións provisionais e finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na proba implica a aceptación do presente regulamento.

viernes, 17 de noviembre de 2017

COMEZA A III LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES

O vindeiro sábado 2 de Decembro comezamos a III Liga de carreiras escolares. A primeira cita será no patio do Colexio Valle Inclán. En breve publicaremos o regulamento da liga e a información desta primeira carreira. Como anticipo amosámosvos o cartel deste ano elaborado polo noso compañeiro Xabier Maldonado. 


jueves, 22 de junio de 2017

CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA 2016-2017

Coa publicación das clasificacións finais damos por finalizada a liga deste curso 2016-17. Noraboa aos gañadores e por suposto a todos os participantes. Quedamos emplazados para o vindeiro curso no que voltaremos con enerxías renovadas para vos ofrecer unha competición ao alcance de todos vós. Feliz verán e ata o ano que ven!.










domingo, 18 de junio de 2017

FOTOS DA CUARTA CARREIRA E ENTREGA DE TROFEOS- A TOXA

Estupenda xornada de carreiras a que se viviu na Toxa na matinal deste domingo 18 de Xuño. Nin o calor sofocante, nin a multitude de eventos programados para este día en O Grove lle quitaron as gañas de correr aos máis de 200 atletas presentes. Mentres agardamos a publicación dos resultados finais da liga ahí tedes como aperitivo unha extensa reportaxe fotográfica. Parabéns para os vencedores e tamén para todos os participantes, hoxe todos gañaron!.
(Pinchade na imaxe para ver a reportaxe)

lunes, 12 de junio de 2017

FESTA FINAL EN A TOXA

O vindeiro domingo 18 de Xuño, a partir das 10:30 horas, celebraremos a derradeira carreira da liga deste curso. Será, como sempre, na illa de A Toxa. Comezaremos , ao igual que a celebrada en Feáns, polas categorías Cadete e Infantil, rematando cos mais pequenos e posteriormente cunha carreira para adultos á que agardamos se sumen os pais e nais dos atletas. O broche final se porá coa entrega dos trofeos aos gañadores da liga deste curso nas diferentes categorías. Agardámosvos nesta carreira na que ademáis se entregarán medallas a todos os participantes. Vémonos este domingo!

martes, 30 de mayo de 2017

CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS DA LIGA DESPOIS DA TERCEIRA PROBA

A falta dunha proba, a que terá lugar o domingo 18 en A Toxa, as clasificacións están que arden, polo que haberá que esperar a esa derradeira xornada para coñecer os gañadores nas distintas categorías. Mentras tanto, aquí podedes ver como marchan as mesmas despois da terceira proba celebrada recentemente en Feáns. Ánimo, e a seguir adestrando!.











martes, 23 de mayo de 2017

FOTOS da TERCEIRA PROBA, FEÁNS

Espectacular a carreira que puidemos contemplar o domingo en Feáns. Nun entorno único, os máis de douscentos participantes presentes, entre 2 e 14 anos, amosaron as súas dotes como atletas nun escenario perfecto para a práctica deste deporte. No seguinte enlace podedes ver unha reportaxe gráfica desta proba. En breve publicaremos as clasificacións pendentes desa derradeira proba que terá lugar en A Toxa o vindeiro 18 de Xuño na que coeñeceremos os gañadores desta liga nas diferentes categorías e faremos entrega de medallas a todos os participantes neste fin de festa.

(preme na imaxe)

martes, 16 de mayo de 2017

PERCORRIDOS E DISTANCIAS DA TERCEIRA CARREIRA de FEÁNS

Xa tedes aquí os percorridos e as distancias a cubrir polas diferentes categorías. Lembrade que nesta proba, que comezará ás 10:00 horas, invertiremos a orde das carreiras respecto a probas anteriores, sendo os maiores os primeiros en competir. Agardámosvos en Feáns este domingo día 21 de Maio. 


lunes, 8 de mayo de 2017

TERCEIRA CARREIRA DA LIGA- FEÁNS, DOMINGO 21 DE MAIO

Xa temos data para a terceira proba da liga de carreiras escolares. Será o vindeiro domingo día 21 de Maio, ás 10:00 horas, no entorno de Feáns, a carón da Lanzada. Como novidade para esta proba, esta vez as primeiras carreiras serán as das categorías cadete e infantil, e remataremos a xornada coa dos pitufos (nenos e nenas de Educación Infantil). En breve publicaremos os percorridos e as distancias para cada unha das categorías.

miércoles, 22 de marzo de 2017

CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS DESPOIS DA SEGUNDA CARREIRA DE CONMINIÑO

Xa tedes aquí os resultados provisionais despois de disputarse a segunda carreira da liga. Estamos no ecuador e aínda quedan outras dúas probas para poder seguir sumando puntos. Vémonos en Maio na carreira que faremos en Feáns.










lunes, 20 de marzo de 2017

FOTOS DA CARREIRA DE CONMINIÑO - 19 de Marzo

Xa temos aquí a galería de fotos da segunda carreira da liga, a que tivo onte lugar no patio do colexio Conminiño. De novo un éxito de participación , con máis de 250 rapaces que nun día expléndido quixeron disfrutar do atletismo. Nos vindeiros días colgaremos os resultados e a clasificación provisional da liga. Aínda quedan dúas citas neste curso, a vindeira no mes de Maio no entorno natural de Feáns, a carón da Lanzada. Vémonos alí, e mentres tanto, a entrenar!.

(Preme na foto para ver a galería completa)

viernes, 17 de marzo de 2017

CIRCUITOS E DISTANCIAS A PERCORRER NA 2ª CARREIRA DA LIGA COLEXIO CONMINIÑO

Lembrade que este domingo, a partir das 10:30 horas temos a segunda carreira da liga no patio do colexio Conminiño. Alí vos esperamos!.






miércoles, 8 de marzo de 2017

SEGUNDA CARREIRA DA LIGA- COLEXIO CONMINIÑO

Xa temos data para a segunda carreira da liga que terá lugar no patio do Colexio Conminiño. Será o vindeiro DOMINGO día 19 de Marzo a partir das 10:30 h. da mañá. Nuns días publicaremos as distancias a percorrer en cada categoría e o circuito. Vémonos alí, e mentres tanto, a entrenar!

martes, 7 de febrero de 2017

lunes, 23 de enero de 2017

FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA- COLEXIO VALLE INCLÁN

Xa podedes disfrutar da reportaxe fotográfica desta primeira carreira que tivo lugar no patio do colexio Valle Inclán. En breve publicaremos os resultados da mesma. 

                                        (Pinchade na imaxe para ver a reportaxe completa)