martes, 6 de marzo de 2018

CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS DA LIGA

Despois de dúas carreiras disputadas, e a falta das dúas últimas, a liga está que arde. Aquí tedes como marchan as clasificacións provisionais nas diferentes categorías. Mentras chega a seguinte proba, que terá lugar a finais de Abril ou principios de Maio, xa sabedes, a adestrar!

 


 
 

lunes, 5 de marzo de 2018

FOTOS da SEGUNDA CARREIRA DA LIGA- Campo de fútbol de Lampáns

Na mañá de onte, domingo 4 de Marzo, o tempo nos concedeu unha tregua  e puidemos disfrutar dunha preciosa xornada de atletismo. Nesta ocasión o escenario foi o campo de fútbol de Lampáns, en Balea, San Vicente, o cal demostra que habendo vontade  e ganas todo é posible para rentabilizar os recursos que nos ofrece neste caso o Concello, ao cal lle estamos agradecidos por ceder o uso destas instalacións, así como ao equipo de fútbol do Amanecer que é quen usa habitualmente as mesmas. Destacar os preto de 200 inscritos, chegados sobre todo de O Grove pero tamén doutras localidades como Cambados, o cal confirma o tirón que ten esta iniciativa a pesar de que nesta época do ano a meteoroloxía non é a mais idonea. Mentres non publicamos os resultados e as clasificacións da liga aquí tedes unha reportaxe fotográfica do vivido na xornada de onte.



                (Pincha na imaxe para ver toda a reportaxe)

jueves, 1 de marzo de 2018

INFORMACIÓN SOBRE ESTA SEGUNDA CARREIRA

Ante as dúbidas xurdidas na  organización pola previsión meteorolóxica para este domingo día 4, en principio vaise disputar a carreira. Lembramos que a mesma terá lugar no propio terreno de xogo do campo de fútbol de Lampáns e que esta instalación municipal conta con gradas nas que resgardarse en caso necesario da choiva e vestiarios para que os atletas se poidan cambiar. Iremos informando puntualmente de novidades en canto a esta carreira.

PERCORRIDOS E DISTANCIAS

Aquí tedes os percorridos e as distancias que se terán que correr en cada categoría. Lembrade que comezaremos polas categorías superiores.