martes, 27 de noviembre de 2018

GALERÍA FOTOGRÁFICA DA PRIMEIRA PROBA

O domingo 25 de Novembro comezou a cuarta liga de carreiras escolares de O Grove. O tempo concedeunos unha tregua e puidemos disfrutar dunha estupenda mañá de carreiras. Máis de 200 rapaces, vidos algúns doutros concellos do Salnés, non se quixeron perder esta cita inaugural, a primeira de catro probas que ao longo do ano percorrerá distintos enclaves do Concello de O Grove. En breve publicaremos as clasificacións provisionais despois desta primeira cita. Mentras tanto clicade na foto e disfrutade da reportaxe fotográfica. 


jueves, 22 de noviembre de 2018

CIRCUITO E DISTANCIAS A PERCORRER- DOMINGO 25 DE NOVEMBRO ás 12:00 h.


REGULAMENTO DA 4ª LIGA DE CARREIRAS- TEMPADA 2018-19



REGULAMENTO XERAL

- Organizan: CEIP Valle Inclán, Concello de O Grove e o club deportivo “Ría de Arousa”, de O Grove.
- Colaboran: Centros educativos de O Grove.

- Obxectivo: Promocionar o deporte do atletismo e os seus valores entre os rapaces e as familias do Concello e arredores.

- Lugar e datas: Celebraranse un total de catro carreiras ao longo do curso 2018-2019 co seguinte calendario:
- Domingo 25 de Novembro, no colexio Valle Inclán.
- Febreiro ou Marzo de 2019, en San Vicente (data aínda por determinar).
- Abril ou Maio de 2019, (lugar e data exacta por determinar).
- Xuño de 2019, no Parque Forestal de A Toxa (data por determinar).

- Horario: 10:30 horas.

-Categorías e distancias aproximadas a percorrer:

- Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)………………………....150 m.
- Prebenxamín (nados en 2012/ 1º de Primaria) ……..….300 m.

(As carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín non terán carácter competitivo,é dicir, non puntuarán na liga).

- Benxamín (nados en 2011-2010 / 2º e 3º de Primaria).. ..600 m.
- Alevín (nados en 2009/2008 / 4º e 5º de Primaria)…......1200 m.
- Infantil (nados en 2007/2006 / 6º Prim. e1º da ESO)…...2000 m.
-Cadete (nados en 2005/2004 / 2º e 3º da ESO)…………2600 m.
-Xuvenil (nados en 2003/2002)………………………….… 2600 m.
Nalgunhas das carreiras, puntualmente, poderán participar tamén atletas da categoría senior .
-Inscripcións: A través dos centros educativos e Institutos de O Grove nas semanas previas a cada carreira. Excepcionalmente o día da proba na zona de meta antes das 10:30 horas.
(Poderase participar nunha carreira, en dúas, en tres ou nas catro ao longo do curso).

-Retirada de dorsais: Entregaráselles nos centros educativos de O Grove na semana previa a cada carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.

-Clasificacións e sistema de puntuación: En cada carreira otorgarse unha puntuación en cada categoría (diferenciando masculina e feminina) en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª posición: 90 puntos; 3ª posición: 80 puntos;
4ª posición: 70 puntos; 5ª posición: 60 puntos; 6ª posición:50 puntos; 7ª posición:40 puntos; 8ª posición:30 puntos; 9ª posición: 29 puntos; 10ª posición: 28 puntos; 11ª posición: 27 puntos; 12ª posición: 26 puntos;…

Establecerase unha clasificación final coa suma dos puntos acadados nas catro carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais da liga de

carreiras en cada categoría. No caso de empate gañará o que máis veces quedara por diante; no caso de persistir o empate gañará o que se clasifique por diante na derradeira carreira de A Toxa.

-Premios: Entregaranse na última carreira na Toxa.
  • Haberá medallas para todos os participantes.
  • Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis puntos sumando os resultados das catro carreiras.
-Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado o carácter lúdico do evento a Organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os participantes estarán en todo momento baixo a custodia dun familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non se responsabiliza dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os participantes durante as probas como consecuencia das mesmas.

- Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións provisionais e finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na proba implica a aceptación do presente regulamento

jueves, 15 de noviembre de 2018

COMEZA A IV LIGA DE CARREIRAS

Co cartel feito polo noso compañeiro Xabier Maldonado querémosvos dar a benvida  á IV liga de carreiras escolares de O GroveA primeira cita será o vindeiro domingo 25 de Novembro, ás 10:30 horas, no Ceip Valle Inclán. Alí nos vemos!.