viernes, 29 de noviembre de 2019

PERCORRIDOS E DISTANCIAS DA PRIMEIRA CARREIRA DA LIGA 2019-20


REGULAMENTO da V LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE

- Organizan: CEIP Valle Inclán, Concello de O Grove e o club deportivo “Ría de Arousa”, de O Grove.
- Colaboran: Centros educativos de O Grove.

- Obxectivo: Promocionar o deporte do atletismo e os seus valores entre os rapaces e as familias do Concello e arredores.

- Lugar e datas: Celebraranse un total de catro carreiras ao longo do curso 2019-2020 co seguinte calendario:
- Domingo 1 de Decembro, no colexio Valle Inclán.
- Febreiro de 2020, no campo de fútbol de Lampáns, San Vicente.
- Abril ou Maio de 2020, no campo de fútbol Monte da Vila.
- Xuño de 2019, no Parque Forestal de A Toxa.

- Horario: 10:30 horas.

-Categorías e distancias aproximadas a percorrer:

- Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)…………………….…....150 m.
- Prebenxamín (nados en 2013/ 1º de Primaria) ………….300 m.

(As carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín non terán carácter competitivo,é dicir, non puntuarán na liga).

- Benxamín (nados en 2012-2011 / 2º e 3º de Primaria).. ..600 m.
- Alevín (nados en 2010/2009 / 4º e 5º de Primaria)…......1200 m.
- Infantil (nados en 2008/2007 / 6º Prim. e1º da ESO)…...2000 m.
 -Cadete (nados en 2006/2005 / 2º e 3º da ESO)…………2600 m.
 -Xuvenil (nados en 2004/2003)………………………….… 2600 m.
 Nalgunhas das carreiras, puntualmente, poderán participar tamén atletas da categoría senior.

-Inscripcións: A través dos centros educativos e Institutos de O Grove nas semanas previas a cada carreira. Excepcionalmente   o día da proba na zona de meta antes das 10:30 horas.
(Poderase participar nunha carreira, en dúas, en tres ou nas catro ao longo do curso).

-Retirada de dorsais: Entregaráselles nos centros educativos de O Grove na semana previa a cada carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.

-Clasificacións e sistema de puntuación: En cada carreira otorgarse unha puntuación en cada categoría (diferenciando masculina e feminina) en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª posición: 90 puntos; 3ª posición: 80 puntos;
4ª posición: 70 puntos; 5ª posición: 60 puntos; 6ª posición: 50 puntos; 7ª posición:40 puntos; 8ª posición:30 puntos; 9ª posición: 29 puntos; 10ª posición: 28 puntos; 11ª posición: 27 puntos; 12ª posición: 26 puntos;…

Establecerase unha clasificación final coa suma dos puntos acadados nas catro carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais da liga de

carreiras en cada categoría. No caso de empate gañará o que máis veces quedara por diante; no caso de persistir o empate gañará o que se clasifique por diante na derradeira carreira de A Toxa.                                                                              

-Premios: Entregaranse na última carreira na Toxa.
·         Haberá medallas para todos os participantes.
·         Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis puntos sumando os resultados das catro carreiras.

-Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado o carácter lúdico do evento a Organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os participantes estarán en todo momento baixo a custodia dun familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non se responsabiliza dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os participantes durante as probas como consecuencia das mesmas.

- Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións provisionais e finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na proba implica a aceptación do presente regulamento.

martes, 19 de noviembre de 2019

Comeza a V LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE

O vindeiro Domingo 1 de Decembro, a partir das 10:30 horas, poñerase a andar a V Liga de Carreiras escolares de O Grove. A cita inaugural será, como xa ven sendo habitual, no CEIP Valle Inclán, no barrio de Ardia. Serán, como nos anos anteriores, catro carreiras a disputar por diferentes puntos do Concello que terán o seu colofón e fin de festa na Illa da Toxa alá polo mes de Xuño, cita na que faremos a entrega de trofeos aos primeiros clasificados. Desde aquí queremos convidar a todos os rapaces e rapazas da contorna a participar nesta liga. Vémonos o día 1.


martes, 2 de julio de 2019

FOTOS DA DERRADEIRA CARREIRA DA LIGA 208-19. A TOXA

Mentres agardamos para publicar os resultados finais da liga, aquí tedes como adianto a reportaxe fotográfica da última carreira, a celebrada en A Toxa. Por problemas técnicos non temos fotos de todas as carreiras, disculpade por elo.

(Preme na imaxe para ver o resto de fotos)

sábado, 29 de junio de 2019

DERRADEIRA CARREIRA DA LIGA

O vindeiro domingo 30 de Xuño disputeremos a derradeira carreira da liga deste ano. A cita, a partir das 10:30 na illa de A Toxa. Se ainda non vos inscribisteis no cole podedes facelo ese mismo día a partir das 10:00 h. Ao remate das carreiras enttegaranse os trofeos aos tres pirimeiros clasificados de cada categoría na liga, desde benxamín a xuvenil. Ademáis, haberá medallas para todos os participantes. Animádevos a pasar unha mañá divertida de carreiras!.

jueves, 9 de mayo de 2019

TERCEIRA CARREIRA DA LIGA

Xa está ahí a terceira carreira da nosa liga. A proba terá lugar o vindeiro venres día 17 de Maio a partir das 10:30 h. no campo de fútbol de Monte da Vila. Animádevos a participar nesta apaixoante liga!.


martes, 2 de abril de 2019

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA SEGUNDA CARREIRA DA LIGA- LAMPÁNS

Mentras agardamos a publicación dos resultados da carreira de Lampáns, aquí tedes para ir abrindo boca unha ampla reportaxe fotográfica. Disfrutade dela!.

(Clicade na foto para acceder á galería)

martes, 26 de marzo de 2019

Percorridos e distancias para a carreira de Lampáns

Xa temos os percorridos e as distancias que van afrontar as diferentes categorías na segunda carreira da liga, no campo de Lampáns, en Balea.. Comezaremos ás 10:30 horas polas categorías maiores. Alí vos agardamos!.



jueves, 14 de marzo de 2019

SEGUNDA CARREIRA DA LIGA

O vindeiro domingo 31 de Marzo, a partir das 10:30 horas, disfrutaremos da segunda carreira da liga desta tempada. O lugar escollido será de novo o campo de fútbol de Lampáns, en Balea,  San Vicente. Nas vindeiras datas iremos dando máis información sobre as distancias a percorrer en cada unha das categorías. Alí vos agardamos a tod@s!.