jueves, 20 de junio de 2024
CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA
Xa rematou a liga!. Na derradeira carreira tivemos unha visita inesperada, a da choiva. Aínda así foron moitas as familias que se deron cita neste fin de festa na Illa de A Toxa. Por iso queremos agradecerlle ás mesmas o seu compromiso con este evento que ano tras ano atrae a máis xente. Aquí tedes as clasificacións finais. Disfrutade agora dun merecido descanso e nos vemos na vindeira liga de carreiras escolares!.
lunes, 10 de junio de 2024
DERRADEIRA CARREIRA DA LIGA E FIN DE FESTA
O vindeiro domingo 16 de xuño disputarase a cuarta e derradeira carreira da liga escolar 2024. Será na illa da Toxa (no entorno a carón dos burros) a partir das 10:30 horas. Comezaremos como ven sendo habitual polas categorías superiores. Como xa sabedes, nesta derradeira cita haberá medallas para todos os participantes e farase entrega dos trofeos aos primeiros clasificados nas diferentes categorías puntuables, é dicir, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. Agardámosvos a tod@s!.
miércoles, 29 de mayo de 2024
CLASIFICACIÓNS DESPOIS DA TERCEIRA CARREIRA
A liga está que arde!. A falta dunha carreira, a que se disputará o domingo 16 de Xuño en A Toxa, as clasificacións están moi igualadas e calquera cousa pode pasar para dilucidar quen se fará coa liga nas diferentes categorías. Premede no enlace para ollalas.
martes, 28 de mayo de 2024
GALERÍA DE FOTOS DA TERCEIRA CARREIRA
Mentres agardamos a publicación dos resultados da terceira carreira disputada en Lampáns, aquí tedes unha reportaxe fotográfica do que deu de si esta proba. Aproveitamos tamén a ocasión para dar as grazas ás familias pola acollida que está tendo esta liga de carreiras escolares, con máis de 250 rapazas e rapaces inscritos en cada unha das carreiras. Parabéns para tod@s e vémonos na derradeira proba!.
viernes, 24 de mayo de 2024
PERCORRIDO E DISTANCIAS DA TERCEIRA CARREIRA DA LIGA
Xa temos todo disposto para a terceira carreira da liga que terá lugar este domingo 26 de maio no campo de fútbol de Lampáns, Balea. Aquí tedes indicadas as distancias que percorrerán as diferentes categorías. Vémonos na carreira!.
martes, 14 de mayo de 2024
DATA E LUGAR DA TERCEIRA CARREIRA DA LIGA
viernes, 3 de mayo de 2024
TERCEIRA CARREIRA DA LIGA
Aínda que nun principio tíñamos previsto celebrar a terceira carreira o vindeiro domingo 12 de maio, a mesma terá lugar ou ben o domingo 26, tamén de maio, ou ben o fin de semana do 1-2 de Xuño. Máis adiante informaremos da data e do lugar exactos desta terceira proba. Mentras tanto xa sabedes, a adestrar!.
martes, 16 de abril de 2024
GALERÍA DE FOTOS DA SEGUNDA CARREIRA
Premendo na foto que figura a continuación podedes ollar unha reportaxe fotográfica do que deu de si a segunda carreira da liga disputada na mañá do domingo 14 de Abril no campo de fútbol de Monte da Vila.
lunes, 15 de abril de 2024
CLASIFICACIÓNS DESPOIS DA SEGUNDA CARREIRA
Xa temos as clasificacións tras a segunda carreira disputada no campo de fútbol de Monte da Vila. Atopámonos no ecuador da liga e aínda hai moitos puntos en xogo. Xa sabedes, a adestrar!. Vémonos na terceira carreira en maio.
miércoles, 10 de abril de 2024
viernes, 5 de abril de 2024
SEGUNDA CARREIRA- Domingo 14 de Abril-Campo de fútbol de Monte da Vila
Xa temos data e sede para a celebración da segunda carreira da disputada liga escolar. Será o vindeiro domingo 14 de Abril a partir das 10:30 h. no estadio de fútlbol de Monte da Vila. Lembrade que as inscripcións faranse coma sempre a través dos centros educativos aínda que tamén será posible inscribirse o propio día da carreira antes das 10:30 h. Agardámosvos a tod@s nesta segunda cita!.
jueves, 4 de abril de 2024
CLASIFICACIÓNS DA PRIMEIRA CARREIRA
Xa podedes consultar, premendo no texto CLASIFICACIÓNS, os resultados da primeira das catro carreiras que compoñen a liga 2024. Esperamos vervos a todos e todas na vindeira cita!.
sábado, 23 de marzo de 2024
GALERÍA DE FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA DA LIGA
Despois da disputa da primeira carreira da liga 2024 esta mañá en Confín, e mentres agardamos uns días pola publicación dos resultados , aquí tedes unha reportaxe fotográfica do que deu de si esta xornada de carreiras. Grazas ás familias e aos rapaces e rapazas que se acercaron hoxe. Vémonos na seguinte cita en Abril!.
lunes, 18 de marzo de 2024
NOVA DATA PARA A PRIMEIRA PROBA DA LIGA- Confín, sábado 23 de Marzo
Xa temos nova data para a primeira carreira da liga que se aprazou no seu día debido ao mal tempo. Será este vindeiro sábado 23 de Marzo a partir das 10:30 h. en Confín. Os que xa fixeron a inscripción a través dos centros educativos recibirán o dorsal este venres no seu colexio; os que desexen apuntarse a maiores para esta nova data poden facelo o propio día da carreira na zona de saída antes das 10:30 horas. Agardámosvos a tod@s!.
viernes, 8 de marzo de 2024
APRAZADA A PRIMEIRA CARREIRA DA LIGA
Debido ás malas previsións meteorolóxicas previstas para este domingo día 10 vémonos na obriga de aprazar a primeira carreira da liga que ía ter lugar en Confín. A nova data de celebración da mesma será comunicada nos vindeiros días.
miércoles, 21 de febrero de 2024
COMEZA A VII LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES de O GROVE
Un ano máis, e xa van sete, presentamos a liga de carreiras escolares de O Grove que tanto éxito de participación tivo en anos anteriores. Para este ano temos preparado un programa de catro carreiras de aquí a Xuño. A primeira cita será moi pronto, o vindeiro domingo día 10 de Marzo en Confín. Alí vos queremos ver a tod@s!. Mentras agardamos por esta carreira aquí podedes ir consultando o regulamento da liga. Ánimo e a participar!.







