Rematou esta apaixoante liga de carreiras para escolares. Aquí tedes as CLASIFICACIÓNS FINAIS, así como unha REPORTAXE FOTOGRÁFICA da derradeira carreira que tivo lugar na Toxa o pasado domingo 16 de xuño. Grazas a todos e a todas pola vosa participación e vémonos na vindeira liga 2026.
jueves, 19 de junio de 2025
jueves, 5 de junio de 2025
CUARTA E DERRADEIRA CARREIRA DA LIGA
A liga de carreiras 2025 chega ao seu remate. O vindeiro domingo 15 de xuño celebraremos na illa de A Toxa, a partir das 10:30 h. a derradeira proba. Na mesma, que decidirá a liga, ademais das carreiras teremos coma sempre a entrega de trofeos para os primeiros clasificados nas diferentes categorías a partir de benxamíns e haberá medallas para tod@s os participantes. Agardámosvos a tod@s ese domingo!.
martes, 27 de mayo de 2025
viernes, 23 de mayo de 2025
martes, 13 de mayo de 2025
TERCEIRA CARREIRA DA LIGA
martes, 22 de abril de 2025
CLASIFICACIÓNS e FOTOS da SEGUNDA CARREIRA
Despois da segunda proba celebrada recentemente no campo de fútbol de Lampáns a liga chega ao seu ecuador. Quedan por disputar outras dúas carreiras para rematar esta apaixoante competición. Mentras tanto aquí tedes as clasificacións tras esta segunda carreira así como unha ampla galería de fotos. Vémonos no mes de maio na terceira proba!.
viernes, 11 de abril de 2025
SEGUNDA CARREIRA DA LIGA
jueves, 20 de marzo de 2025
CLASIFICACIÓNS DA PRIMEIRA CARREIRA
O pasado domingo 16 de marzo celebrouse en Confín a primeira das catro carreiras da liga deste ano. A mesma foi un éxito de participación con máis de 300 inscritos. Mentras agardamos a segunda das probas, aquí tedes os resultados desta primeira cita e unha pequena reportaxe fotográfica.
martes, 25 de febrero de 2025
VIII LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES 2025
Un ano máis aquí estamos para presentar unha nova liga de carreiras escolares que comezará en breve. Será o domingo 16 de marzo cando teñamos a primeira proba, en Confín, a partir das 10:30 h. Mentres chega este momento aquí podedes consultar o regulamento da liga que constará, como ven sendo habitual, de catro probas. Vémonos nunhas poucas semanas!.



