miércoles, 3 de junio de 2026

DERRADEIRA CARREIRA DA LIGA en A TOXA

 O domingo 14 de xuño terá lugar a derradeira carreira da liga escolar de O Grove deste ano. Nela repartiremos medallas a todos os participantes ademais dos trofeos aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías puntuables para a liga. Agardámosvos a tod@s na illa de A Toxa a partir das 10:30 h. neste fin de festa!.

lunes, 25 de mayo de 2026

FOTOS DA CARREIRA DE MONTE DA VILA

 Preme no enlace de máis abaixo para ver a todos os particpantes neste terceira proba da liga.

ALBUM DE FOTOS MONTE DA VILA

CLASIFICACIÓNS DESPOIS DA TERCEIRA CARREIRA

 A falta da derradeira proba, a liga escolar está que arde, e non o dicimos polo calor que onte sufriron os nosos atletas na carreira do campo de fútbol de Monte da Vila. En moitas das categorías haberá que agardar ata a carreira de A Toxa para saber quen se leva esta emocionante liga. Mentras tanto, premendo no enlace de máis abaixo podedes consultar como está a clasificación despois de tres probas disputadas. 

CLASIFICACIÓNS despois de tres carreiras

viernes, 15 de mayo de 2026

TERCEIRA CARREIRA DA LIGA

Xa temos data para a terceira carreira da liga escolar. Será no campo de fútbol de Monte da Vila  o vindeiro domingo 24 de maio a partir das 10:30 h. Agardámosvos a tod@s nela!.


martes, 28 de abril de 2026

jueves, 16 de abril de 2026

SEGUNDA CARREIRA

 Xa temos data para a segunda carreira da liga escolar. Será no campo de fútbol de Lampáns, en Balea,  o vindeiro domingo 26 de abril a partir das 10:30 h. Agardámosvos a tod@s nela!.


viernes, 6 de marzo de 2026

REGULAMENTO DA IX LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES

 






IX LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES 2026

 Un ano máis chega a tan esperada liga de carreiras escolares de O Grove. Serán catro as probas a disputar, comezando en Confín o vindeiro domingo 15 de Marzo a partir das 10:30 h. Alí vos agardamos!.



jueves, 19 de junio de 2025

CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA E FOTOS DA DERRADEIRA CARREIRA NA TOXA

 Rematou esta apaixoante liga de carreiras para escolares. Aquí tedes as CLASIFICACIÓNS FINAIS, así como unha REPORTAXE FOTOGRÁFICA da derradeira carreira que tivo lugar na Toxa o pasado domingo 16 de xuño. Grazas a todos e a todas pola vosa participación e vémonos na vindeira liga 2026.

jueves, 5 de junio de 2025

CUARTA E DERRADEIRA CARREIRA DA LIGA

 A liga de carreiras 2025 chega ao seu remate. O vindeiro domingo 15 de xuño celebraremos na illa de A Toxa, a partir das 10:30 h. a derradeira proba. Na mesma, que decidirá a liga, ademais das carreiras teremos coma sempre a entrega de trofeos para os primeiros clasificados nas diferentes categorías a partir de benxamíns e haberá medallas para tod@s os participantes. Agardámosvos a tod@s ese domingo!.

martes, 13 de mayo de 2025

TERCEIRA CARREIRA DA LIGA

 A seguinte proba da liga de carreiras escolares de O Grove terá lugar o vindeiro domingo 25 de maio, a partir das 10:30 h. no campo de fútbol de Monte da Vila. Agardámosvos alí!.

martes, 22 de abril de 2025

CLASIFICACIÓNS e FOTOS da SEGUNDA CARREIRA

 Despois da segunda proba celebrada recentemente no campo de fútbol de Lampáns a liga chega ao seu ecuador. Quedan por disputar outras dúas carreiras para rematar esta apaixoante competición. Mentras tanto aquí tedes as clasificacións tras esta segunda carreira así como unha ampla galería de fotos. Vémonos no mes de maio na terceira proba!.

CLASIFICACIÓNS

GALERÍA DE FOTOS

viernes, 11 de abril de 2025

SEGUNDA CARREIRA DA LIGA

Este domingo 13 de abril vai ter lugar a segunda carreira da liga escolar 2025. A mesma será no campo de fútbol de Lampáns, en Balea. Aquí vos deixamos un plano do circuito e as distancias que se van a correr en cada categoría. Vémonos o domingo!.



jueves, 20 de marzo de 2025

CLASIFICACIÓNS DA PRIMEIRA CARREIRA

 O pasado domingo 16 de marzo celebrouse en Confín a primeira das catro carreiras da liga deste ano. A mesma foi un éxito de participación con máis de 300 inscritos. Mentras agardamos a segunda das probas, aquí tedes os resultados desta primeira cita e unha pequena reportaxe fotográfica.

CLASIFICACIÓNS DESPOIS DA PRIMEIRA CARREIRA

FOTOS