martes, 12 de abril de 2016

Modificación na clasificación da categoría BENXAMÍN FEMININA

Unha vez publicadas as clasificacións despois da segunda carreira en Feáns detectouse un erro na correspondente á categoría Benxamín Feminina,  ao non figurar unha nena que entrou na quinta posición, como así o corroboran as fotos da carreira. Esta é a clasificación definitiva desta categoría tras a cita de Feáns:


martes, 8 de marzo de 2016

CLASIFICACIÓNS despóis da 2ª CARREIRA

Xa temos as clasificacións provisionais despóis de dúas carreiras disputadas. Aínda restan outras dúas. Anímate e sigue puntuando para a liga na vindeira carreira !.
(Pincha en cada unha para velas máis ampliada)

 



  
 
 

lunes, 7 de marzo de 2016

GALERÍA FOTOGRÁFICA da segunda carreira da liga- FEÁNS 6 de Marzo

O noso compañeiro Javier Maldonado ven de ilustrar, con grande maestría, a través da súa cámara de fotos,  o que foi esta festa do atletismo no entorno de Feáns. Clicade na imaxe para ver a reportaxe


martes, 1 de marzo de 2016

INSCRIPCIÓNS

Lembrade que, tal como figura no regulamento da liga (ver primeira entrada do blog), as inscripcións poderanse facer antes das 10:30 horas no propio lugar da carreira.

lunes, 29 de febrero de 2016

PERCORRIDOS E DISTANCIAS para a 2ª CARREIRA DA LIGA

Xa temos o diseño do que van ser as diferentes carreiras deste próximo domingo en Feáns. Como novidade haberá carreira para as categorías xuvenil e senior sobre unha distancia de 2600 m. para que todo o mundo se anime a participar. Vémonos o vindeiro Domingo 6 de Marzo.
(Pinchade na imaxe para ver os circuitos e distancias en grande)

viernes, 12 de febrero de 2016

CAMBIO DE DATA DA SEGUNDA CARREIRA

Debido ao cambio de data do desfile de Entroido en O Grove para o vindeiro sábado 20 de Febreiro, e dada a repercusión festiva que ten esta tradición no pobo, a organización decidiu cambiar  a data inicial proposta para a segunda carreira que ía ter lugar en Feáns o domingo 21 de Febreiro e pasala para o domingo 6 de Marzo. Iremos dando puntualmente máis información.

lunes, 1 de febrero de 2016

SEGUNDA CARREIRA

Xa temos data e lugar para celebrar a segunda cita da liga de carreiras escolares. Será o domingo 21 de Febreiro a partir das 10:30 horas en Feáns, a carón da praia da Lanzada (xunto á rotonda que colle a San Vicente). Na vindeira semana mandaremos os boletíns de inscripción aos centro educativos para que vos apuntedes todos aqueles que queirades pasar unha mañá disfrutando do atletismo.Nos vindeiros días ampliaremos esta información. Animádevos!