(Premer na imaxe para ver a reportaxe completa)
lunes, 20 de junio de 2016
GALERÍA DE FOTOS- CARREIRA DE A TOXA
Xa tedes aquí a galería de fotos do noso compañeiro Xabier Maldonado da derradeira carreira da liga disputada no maravilloso entorno da Illa de A Toxa así como da entrega de premios finais aos vencedores nas distintas categorías. Esperemos que vos gusten!
viernes, 17 de junio de 2016
Carreira de A TOXA
Lembramos que nesta última cita tamén haberá carreira das categorías de xuvenís e adultos, polo que animos aos pais e ás nais a que se inscriban a primeira hora da mañá na zona de saída e meta. Alí vos esperamos!!!!
miércoles, 8 de junio de 2016
CUARTA CARREIRA-FESTA FINAL
O vindeiro domingo 19 de Xuño, ás 10:30 horas, terá lugar á derradeira carreira da liga no entorno da Illa de A Toxa. Ao remate da mesma farase entrega dos trofeos aos tres primeiros clasificados da liga de cada categoría, habendo ademáis un pequeno agasallo para todos aqueles que participen nesta proba final fin de tempada. As inscripcións faranse como sempre nos días previos no propio centro educativo ou antes das 10:30 horas na propia carreira. Animádevos!
jueves, 26 de mayo de 2016
CLASIFICACIÓN TRAS A TERCEIRA CARREIRA DE CONMINIÑO
Xa tedes actualizadas ata a terceira carreira as clasificacións da liga. Tan só queda unha cita, a da Toxa onde se decidirá a liga na maoiría das categorías.
jueves, 19 de mayo de 2016
GALERÍA DE FOTOS DA TERCEIRA CARREIRA NO COLEXIO CONMINIÑO
Xa tedes aquí o reportaxe fotográfico realizado polo noso compañeiro Xabier Maldonado. Esperemos que vos gusten. En breve teremos xa os resultados desta terceira carreira da liga.
(Preme na imaxe)
jueves, 12 de mayo de 2016
PERCORRIDO E DISTANCIAS DA TERCEIRA CARREIRA no COLEXIO CONMINIÑO
Aquí tedes o que serán os percorridos e as distancias que deberán cubrir os inscritos nas distintas categorías. Lembrade que a cita é este próximo Martes 17, día das Letras Galegas. a partir das cinco da tarde. Se aínda non te inscribiches podes facelo ese mesmo día no propio colexio Conminiño antes desa hora.
martes, 26 de abril de 2016
Terceira carreira. ATENCIÓN, NOVA DATA
Xa temos data para a terceira carreira da liga. Será o vindeiro Martes 17 de Maio, día das Letras Galegas en horario de tarde, a partir das 17:00 h. no patio do colexio Conminiño. En breve publicaremos os percorridos e distancias das diferentes categorías. Animádevos a pasar un día divertido facendo unha actividade saudable e seguide sumando puntos para a liga. Vémonos alí!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








