Lembrade que este domingo, a partir das 10:30 horas temos a segunda carreira da liga no patio do colexio Conminiño. Alí vos esperamos!.
viernes, 17 de marzo de 2017
miércoles, 8 de marzo de 2017
SEGUNDA CARREIRA DA LIGA- COLEXIO CONMINIÑO
Xa temos data para a segunda carreira da liga que terá lugar no patio do Colexio Conminiño. Será o vindeiro DOMINGO día 19 de Marzo a partir das 10:30 h. da mañá. Nuns días publicaremos as distancias a percorrer en cada categoría e o circuito. Vémonos alí, e mentres tanto, a entrenar!
martes, 7 de febrero de 2017
lunes, 23 de enero de 2017
FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA- COLEXIO VALLE INCLÁN
Xa podedes disfrutar da reportaxe fotográfica desta primeira carreira que tivo lugar no patio do colexio Valle Inclán. En breve publicaremos os resultados da mesma.
(Pinchade na imaxe para ver a reportaxe completa)
miércoles, 18 de enero de 2017
viernes, 13 de enero de 2017
PRIMEIRA PROBA
Por segundo ano arranca a liga de carreiras escolares de O Grove. O escenario da primeira proba volverá a ser o patio do colexio Valle Inclán, en Ardia, o vindeiro domingo 22 de Xaneiro a partir das 10:30 h. da mañá. Esperemos que a mesma sexa unha xornada festiva e deportiva para disfrutar correndo. Animádevos!
REGULAMENTO da II LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE- 206-2017
REGULAMENTO
XERAL
- Organizan:
CEIP Valle Inclán, Concello de
O Grove
e o club deportivo
“Ría de Arousa”, de O Grove.
- Colaboran:
Centros educativos de O Grove.
- Obxectivo:
Promocionar o deporte do atletismo e
os seus valores entre
os rapaces e as familias do
Concello.
- Lugar e
datas:
Celebraranse
un total de catro carreiras ao longo do curso 2016-2017
co seguinte calendario:
-
Domingo 22 de Xaneiro, no colexio Valle Inclán.
- Marzo
de 2017,o
colexio Conmeniño (data aínda por determinar).
- Maio
de 2017,
en Feáns-A
Lanzada
(data exacta por determinar).
-
Xuño de 2017, no Parque Forestal de A Toxa (data por determinar).
- Horario:
10:30 horas.
-Categorías
e distancias aproximadas a percorrer:
-
Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)………………………....150
m.
- Prebenxamín
(nados en 2010/
1º de Primaria) ……..….300 m.
(As
carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín non terán
carácter competitivo).
- Benxamín (nados
en 2009-2008
/ 2º
e 3º
de Primaria).. ..600 m.
- Alevín (nados en
2007/2006
/ 4º
e 5º
de Primaria)…......1200 m.
- Infantil (nados
en 2005/2004
/ 6º
Prim. e1º
da ESO)…...2000 m.
-Cadete (nados en
2003/2002
/ 2º
e 3º
da ESO)……..…..2600 m.
Na última
carreira a disputar no Parque Forestal de A Toxa poderán participar
tamén
atletas
das categorías xuvenil e senior .
-Inscripcións:
A través dos centros educativos e
Institutos nas
semanas previas a cada carreira. Excepcionalmente
o día da proba na zona de meta antes
das 10:30 horas.
(Poderase
participar nunha carreira, en dúas, en tres ou nas catro ao longo do
curso).
-Retirada de
dorsais:
Entregaráselles
nos centros educativos na semana previa a cada carreira e
excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.
-Clasificacións
e sistema de puntuación:
En cada carreira otorgarse unha puntuación en cada categoría
(diferenciando
masculina e feminina)
en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª
posición: 95 puntos; 3ª posición: 90 puntos;
4ª posición: 85 puntos; 5ª
posición: 80 puntos; 6ª posición:75 puntos; 7ª posición:70
puntos; 8ª posición:65 puntos; 9ª posición: 60 puntos; 10ª
posición: 55 puntos; 11ª posición: 54 puntos; 12ª posición: 53
puntos;…
Establecerase
unha clasificación final coa suma dos puntos acadados nas catro
carreiras
que permitirá coñecer os gañadores finais
da
liga de carreiras en
cada categoría. No
caso de empate ganará o que máis victorias teña; no caso de
persistir o empate gañará o que resulte vencedor na derradeira
carreira de A Toxa.
-Premios:
Entregaranse
na última carreira na
Toxa.
-
Haberá medallas para todos os participantes.
-
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis puntos sumando os resultados das catro carreiras.
-Será
motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo
comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado
o carácter festivo do evento a Organización agarda de todos os
participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os
participantes estarán en todo momento baixo a custodia dun familiar
ou persoa adulta responsable.
-A organización non se responsabiliza
dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os participantes
durante as probas como consecuencia das mesmas.
-
Toda
a información, fotos das carreiras e clasificacións provisionais e
finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na proba implica a
aceptación do presente regulamento.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








