Seguindo as recomendacións ante o problema do coronavirus que nos está a afectar na actualidade, como medida de prevención vémonos na obriga de aprazar a carreira que tiñamos prevista para este domingo 15 de Marzo en Lampáns. Dependendo do tempo que dure esta crise valorarase celebrala noutras datas ou suspendela definitivamente.
jueves, 12 de marzo de 2020
lunes, 9 de marzo de 2020
SEGUNDA CARREIRA DA LIGA-Domingo 15 de Marzo, ás 10:00 horas
O vindeiro domingo 15 de Marzo, a partir das 10:00 horas, disfrutaremos da segunda carreira da liga desta tempada. O lugar escollido será de novo o campo de fútbol de Lampáns, en Balea, San Vicente. Nas vindeiras datas iremos dando máis información sobre as distancias a percorrer en cada unha das categorías. Comezaremos polas categorías superiores.Alí vos agardamos a tod@s!.
lunes, 9 de diciembre de 2019
viernes, 29 de noviembre de 2019
REGULAMENTO da V LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE
- Organizan: CEIP Valle Inclán,
Concello de O Grove e o club deportivo “Ría de Arousa”, de O Grove.
- Colaboran: Centros educativos
de O Grove.
- Obxectivo: Promocionar o
deporte do atletismo e os seus valores entre os rapaces e as familias do
Concello e arredores.
- Lugar e datas: Celebraranse un
total de catro carreiras ao longo do curso 2019-2020 co seguinte calendario:
- Domingo 1 de Decembro, no colexio Valle Inclán.
- Febreiro de 2020, no campo de fútbol de Lampáns, San
Vicente.
- Abril ou Maio de 2020, no campo de fútbol Monte da
Vila.
- Xuño de 2019, no Parque Forestal de A Toxa.
- Horario: 10:30 horas.
-Categorías e
distancias aproximadas a percorrer:
- Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)…………………….…....150 m.
- Prebenxamín (nados en 2013/ 1º de Primaria) ………….300 m.
(As carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín
non terán carácter competitivo,é dicir, non puntuarán na liga).
- Benxamín (nados en 2012-2011 / 2º e 3º de Primaria)..
..600 m.
- Alevín (nados en 2010/2009 / 4º e 5º de
Primaria)…......1200 m.
- Infantil (nados en 2008/2007 / 6º Prim. e1º da
ESO)…...2000 m.
-Cadete (nados en
2006/2005 / 2º e 3º da ESO)…………2600 m.
-Xuvenil (nados en 2004/2003)………………………….… 2600
m.
Nalgunhas das carreiras, puntualmente, poderán
participar tamén atletas da categoría senior.
-Inscripcións: A través dos
centros educativos e Institutos de O Grove nas semanas previas a cada carreira.
Excepcionalmente o día da proba na zona
de meta antes das 10:30 horas.
(Poderase participar nunha carreira, en dúas, en tres ou
nas catro ao longo do curso).
-Retirada de
dorsais: Entregaráselles nos centros educativos de O Grove na semana previa a cada
carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30 horas.
-Clasificacións e sistema de puntuación: En cada carreira
otorgarse unha puntuación en cada categoría (diferenciando masculina e
feminina) en función do posto acadado:
1ª posición: 100 puntos; 2ª posición: 90 puntos; 3ª
posición: 80 puntos;
4ª posición: 70 puntos; 5ª posición: 60 puntos; 6ª
posición: 50 puntos; 7ª posición:40 puntos; 8ª posición:30 puntos; 9ª posición:
29 puntos; 10ª posición: 28 puntos; 11ª posición: 27 puntos; 12ª posición: 26 puntos;…
Establecerase unha clasificación final coa suma dos puntos acadados nas
catro carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais da liga de
carreiras en cada categoría. No caso de empate gañará o que máis veces
quedara por diante; no caso de persistir o empate gañará o que se clasifique
por diante na derradeira carreira de A Toxa.
-Premios: Entregaranse na
última carreira na Toxa.
·
Haberá medallas para todos os participantes.
·
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados
(masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis
puntos sumando os resultados das catro carreiras.
-Será motivo de descalificación calquera infracción grave
estimada polo comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado o carácter lúdico do evento a Organización agarda
de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.
- Os participantes estarán en todo
momento baixo a custodia dun familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non
se responsabiliza dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os
participantes durante as probas como consecuencia das mesmas.
- Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións
provisionais e finais serán publicadas en ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na proba implica a aceptación do presente
regulamento.
martes, 19 de noviembre de 2019
Comeza a V LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE
O vindeiro Domingo 1 de Decembro, a partir das 10:30 horas, poñerase a andar a V Liga de Carreiras escolares de O Grove. A cita inaugural será, como xa ven sendo habitual, no CEIP Valle Inclán, no barrio de Ardia. Serán, como nos anos anteriores, catro carreiras a disputar por diferentes puntos do Concello que terán o seu colofón e fin de festa na Illa da Toxa alá polo mes de Xuño, cita na que faremos a entrega de trofeos aos primeiros clasificados. Desde aquí queremos convidar a todos os rapaces e rapazas da contorna a participar nesta liga. Vémonos o día 1.
jueves, 4 de julio de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















