lunes, 24 de abril de 2023

GALERÍA DE FOTOS E VIDEOS DA PRIMEIRA CARREIRA

Mentres agardamos a publicar os resultados da primeira carreira celebrada onte no campo de fútbol de Monte da Vila,  aquí tedes unha pequena mostra de fotos e vídeos. Agradecer a participación na mesma xa que foron moitos os rapaces e rapazas, case que 300, que se achegaron ata o Monte da Vila para disfrutar deste evento. Agardámosvos na seguinte!. Premede na foto para ver a galería.


                                   

viernes, 21 de abril de 2023

DISTANCIAS E CIRCUITOS PARA ESTE DOMINGO 23 DE ABRIL- Campo de fútbol de Monte da Vila

 Xa tedes aquí as distancias e percorridos das carreiras deste domingo. Lembrade que as mesmas  darán comezo ás 10:00 h. e que se empezará polas categorías superiores.



lunes, 17 de abril de 2023

VOLVE A LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE

Estamos de volta!. Despois do parón da pandemia  voltamos coa liga de carreiras escolares de O Grove que tanto éxito de participación tivo no pasado. Este ano será a sexta edición e serán 3 as carreiras que puntuarán nesta emocionante liga. A primeira cita será este domingo 23 de Abril no campo de fútbol de Monte da Vila a partir das 10:00 h. da mañá. Mentres chega ese momento aquí tedes o regulamento da liga. Animádevos a participar!.






viernes, 26 de junio de 2020

CANCELADA A LIGA DE CARREIRAS 2019-2020

Ante a crise sanitaria provocada polo Covid-19 vémonos na obriga de cancelar definitivamente a liga de carreiras 2019-2020, deixando sen efecto os resultados acadados na única carreira disputada no mes de decembro de 2019. Esperemos que voltemos á normalidade e poidamos disputar esta interesante liga no vindeiro ano. 

jueves, 12 de marzo de 2020

ÚLTIMA HORA!. APRAZADA A SEGUNDA CARREIRA DA LIGA en LAMPÁNS

Seguindo as recomendacións ante o problema do coronavirus que nos está a afectar na actualidade,  como medida de prevención vémonos na obriga de aprazar a carreira que tiñamos prevista para este domingo 15 de Marzo en Lampáns. Dependendo do tempo que dure esta crise valorarase celebrala noutras datas ou suspendela definitivamente.

lunes, 9 de marzo de 2020

SEGUNDA CARREIRA DA LIGA-Domingo 15 de Marzo, ás 10:00 horas

O vindeiro domingo 15 de Marzo, a partir das 10:00 horas, disfrutaremos da segunda carreira da liga desta tempada. O lugar escollido será de novo o campo de fútbol de Lampáns, en Balea,  San Vicente. Nas vindeiras datas iremos dando máis información sobre as distancias a percorrer en cada unha das categorías. Comezaremos polas categorías superiores.Alí vos agardamos a tod@s!.