Un ano máis, e xa van sete, presentamos a liga de carreiras escolares de O Grove que tanto éxito de participación tivo en anos anteriores. Para este ano temos preparado un programa de catro carreiras de aquí a Xuño. A primeira cita será moi pronto, o vindeiro domingo día 10 de Marzo en Confín. Alí vos queremos ver a tod@s!. Mentras agardamos por esta carreira aquí podedes ir consultando o regulamento da liga. Ánimo e a participar!.
miércoles, 21 de febrero de 2024
lunes, 19 de febrero de 2024
martes, 27 de junio de 2023
CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA
Coa publicación das clasificacións finais da VI liga de carreiras damos por concluída a mesma. Destacar a gran participación en todas as probas. Vémonos na VII edición no curso que ven. Ata entón feliz verán!.
lunes, 19 de junio de 2023
GALERÍA DE FOTOS DA TERCEIRA CARREIRA- A TOXA
lunes, 12 de junio de 2023
TERCEIRA CARREIRA DA LIGA- DOMINGO 18 de Xuño ás 11:00 horas
O vindeiro domingo 18 de Xuño terá lugar a derradeira carreira da liga. A mesma será como ven sendo habitual na illa da Toxa. As carreiras darán comezo ás 11:00 h. e a continuación entregaremos os trofeos aos tres primeiros clasificados da liga nas diferentes categorías desde benxamíns a xuvenís. Lembrade tamén que neste fin de festa teremos medallas para tod@s @s participantes. Agardámosvos o domingo na Toxa, non faltedes!.
miércoles, 24 de mayo de 2023
GALERÍA DE FOTOS DA SEGUNDA CARREIRA- Campo de fútbol de Lampáns
Aquí tedes as fotos nas que saen case que todos os participantes nas distintas carreiras e categorías desta segunda carreira da liga. Pinchade na foto que figura a continuación para velas.



