jueves, 4 de abril de 2024

CLASIFICACIÓNS DA PRIMEIRA CARREIRA

 Xa podedes consultar, premendo no texto CLASIFICACIÓNS, os resultados da primeira das catro carreiras que compoñen a liga 2024. Esperamos vervos a todos e todas na vindeira cita!.


CLASIFICACIÓNS

sábado, 23 de marzo de 2024

GALERÍA DE FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA DA LIGA

 Despois da disputa da primeira carreira da liga 2024 esta mañá en Confín, e mentres agardamos uns días pola publicación dos resultados , aquí tedes unha reportaxe fotográfica do que deu de si esta xornada de carreiras. Grazas ás familias e aos rapaces e rapazas que se acercaron hoxe. Vémonos na seguinte cita en Abril!.


lunes, 18 de marzo de 2024

NOVA DATA PARA A PRIMEIRA PROBA DA LIGA- Confín, sábado 23 de Marzo

 Xa temos nova data para a primeira carreira da liga que se aprazou no seu día debido ao mal tempo. Será este vindeiro sábado 23 de Marzo a partir das 10:30 h. en Confín. Os que xa fixeron a inscripción a través dos centros educativos recibirán o dorsal este venres no seu colexio; os que desexen apuntarse a maiores para esta nova data poden facelo o propio día da carreira na zona de saída antes das 10:30 horas. Agardámosvos a tod@s!.

viernes, 8 de marzo de 2024

APRAZADA A PRIMEIRA CARREIRA DA LIGA

Debido ás malas previsións meteorolóxicas previstas para este domingo día 10 vémonos na obriga de aprazar a primeira carreira da liga que ía ter lugar en Confín. A nova data de celebración da mesma será comunicada nos vindeiros días. 


miércoles, 21 de febrero de 2024

COMEZA A VII LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES de O GROVE

 Un ano máis, e xa van sete, presentamos a liga de carreiras escolares de O Grove que tanto éxito de participación tivo en anos anteriores. Para este ano temos preparado un programa de catro carreiras de aquí a Xuño. A primeira cita será moi pronto, o vindeiro domingo día 10 de Marzo en Confín. Alí vos queremos ver a tod@s!. Mentras agardamos por esta carreira aquí podedes ir consultando o regulamento da liga. Ánimo e a participar!.







martes, 27 de junio de 2023

CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA

 Coa publicación das clasificacións finais da VI liga de carreiras damos por concluída a mesma. Destacar a gran participación en todas as probas. Vémonos na VII edición no curso que ven. Ata entón feliz verán!.  

CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA