jueves, 22 de junio de 2017
CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA 2016-2017
Coa publicación das clasificacións finais damos por finalizada a liga deste curso 2016-17. Noraboa aos gañadores e por suposto a todos os participantes. Quedamos emplazados para o vindeiro curso no que voltaremos con enerxías renovadas para vos ofrecer unha competición ao alcance de todos vós. Feliz verán e ata o ano que ven!.
domingo, 18 de junio de 2017
FOTOS DA CUARTA CARREIRA E ENTREGA DE TROFEOS- A TOXA
Estupenda xornada de carreiras a que se viviu na Toxa na matinal deste domingo 18 de Xuño. Nin o calor sofocante, nin a multitude de eventos programados para este día en O Grove lle quitaron as gañas de correr aos máis de 200 atletas presentes. Mentres agardamos a publicación dos resultados finais da liga ahí tedes como aperitivo unha extensa reportaxe fotográfica. Parabéns para os vencedores e tamén para todos os participantes, hoxe todos gañaron!.
(Pinchade na imaxe para ver a reportaxe)
lunes, 12 de junio de 2017
FESTA FINAL EN A TOXA
O vindeiro domingo 18 de Xuño, a partir das 10:30 horas, celebraremos a derradeira carreira da liga deste curso. Será, como sempre, na illa de A Toxa. Comezaremos , ao igual que a celebrada en Feáns, polas categorías Cadete e Infantil, rematando cos mais pequenos e posteriormente cunha carreira para adultos á que agardamos se sumen os pais e nais dos atletas. O broche final se porá coa entrega dos trofeos aos gañadores da liga deste curso nas diferentes categorías. Agardámosvos nesta carreira na que ademáis se entregarán medallas a todos os participantes. Vémonos este domingo!
martes, 30 de mayo de 2017
CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS DA LIGA DESPOIS DA TERCEIRA PROBA
A falta dunha proba, a que terá lugar o domingo 18 en A Toxa, as clasificacións están que arden, polo que haberá que esperar a esa derradeira xornada para coñecer os gañadores nas distintas categorías. Mentras tanto, aquí podedes ver como marchan as mesmas despois da terceira proba celebrada recentemente en Feáns. Ánimo, e a seguir adestrando!.
martes, 23 de mayo de 2017
FOTOS da TERCEIRA PROBA, FEÁNS
Espectacular a carreira que puidemos contemplar o domingo en Feáns. Nun entorno único, os máis de douscentos participantes presentes, entre 2 e 14 anos, amosaron as súas dotes como atletas nun escenario perfecto para a práctica deste deporte. No seguinte enlace podedes ver unha reportaxe gráfica desta proba. En breve publicaremos as clasificacións pendentes desa derradeira proba que terá lugar en A Toxa o vindeiro 18 de Xuño na que coeñeceremos os gañadores desta liga nas diferentes categorías e faremos entrega de medallas a todos os participantes neste fin de festa.
(preme na imaxe)
martes, 16 de mayo de 2017
PERCORRIDOS E DISTANCIAS DA TERCEIRA CARREIRA de FEÁNS
Xa tedes aquí os percorridos e as distancias a cubrir polas diferentes categorías. Lembrade que nesta proba, que comezará ás 10:00 horas, invertiremos a orde das carreiras respecto a probas anteriores, sendo os maiores os primeiros en competir. Agardámosvos en Feáns este domingo día 21 de Maio.
lunes, 8 de mayo de 2017
TERCEIRA CARREIRA DA LIGA- FEÁNS, DOMINGO 21 DE MAIO
Xa temos data para a terceira proba da liga de carreiras escolares. Será o vindeiro domingo día 21 de Maio, ás 10:00 horas, no entorno de Feáns, a carón da Lanzada. Como novidade para esta proba, esta vez as primeiras carreiras serán as das categorías cadete e infantil, e remataremos a xornada coa dos pitufos (nenos e nenas de Educación Infantil). En breve publicaremos os percorridos e as distancias para cada unha das categorías.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















