Despois de dúas carreiras disputadas, e a falta das dúas últimas, a liga está que arde. Aquí tedes como marchan as clasificacións provisionais nas diferentes categorías. Mentras chega a seguinte proba, que terá lugar a finais de Abril ou principios de Maio, xa sabedes, a adestrar!
martes, 6 de marzo de 2018
lunes, 5 de marzo de 2018
FOTOS da SEGUNDA CARREIRA DA LIGA- Campo de fútbol de Lampáns
Na mañá de onte, domingo 4 de Marzo, o tempo nos concedeu unha tregua e puidemos disfrutar dunha preciosa xornada de atletismo. Nesta ocasión o escenario foi o campo de fútbol de Lampáns, en Balea, San Vicente, o cal demostra que habendo vontade e ganas todo é posible para rentabilizar os recursos que nos ofrece neste caso o Concello, ao cal lle estamos agradecidos por ceder o uso destas instalacións, así como ao equipo de fútbol do Amanecer que é quen usa habitualmente as mesmas. Destacar os preto de 200 inscritos, chegados sobre todo de O Grove pero tamén doutras localidades como Cambados, o cal confirma o tirón que ten esta iniciativa a pesar de que nesta época do ano a meteoroloxía non é a mais idonea. Mentres non publicamos os resultados e as clasificacións da liga aquí tedes unha reportaxe fotográfica do vivido na xornada de onte.
(Pincha na imaxe para ver toda a reportaxe)
jueves, 1 de marzo de 2018
INFORMACIÓN SOBRE ESTA SEGUNDA CARREIRA
Ante as dúbidas xurdidas na organización pola previsión meteorolóxica para este domingo día 4, en principio vaise disputar a carreira. Lembramos que a mesma terá lugar no propio terreno de xogo do campo de fútbol de Lampáns e que esta instalación municipal conta con gradas nas que resgardarse en caso necesario da choiva e vestiarios para que os atletas se poidan cambiar. Iremos informando puntualmente de novidades en canto a esta carreira.
PERCORRIDOS E DISTANCIAS
Aquí tedes os percorridos e as distancias que se terán que correr en cada categoría. Lembrade que comezaremos polas categorías superiores.
lunes, 19 de febrero de 2018
SEGUNDA CARREIRA DA LIGA
Xa temos data e lugar para a vindeira proba da liga de carreiras escolares de O Grove. Será o domingo 4 de Marzo, pola mañá, no Campo de fútbol de Lampáns, en Balea, San Vicente, donde habitualmente xoga o equipo do Amanecer. En vindeiras datas iremos como sempre ampliando a información desta segunda proba da liga. Alí vos agardamos. Mentras tanto xa sabedes, a adestrar!.
lunes, 4 de diciembre de 2017
CLASIFICACIÓNS DESPOIS DA PRIMEIRA CARREIRA DA LIGA
FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA
Mentres agardamos a que se publiquen os resultados da primeira carreira disputada este sábado día 2 de Decembro no Ceip Valle Inclán, aquí tedes a reportaxe fotográfica da mesma feita polo noso compañeiro Xabier Maldonado. Espreremos que vos gusten!
(Preme na foto para acceder á reportaxe)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





















