viernes, 30 de noviembre de 2018
martes, 27 de noviembre de 2018
GALERÍA FOTOGRÁFICA DA PRIMEIRA PROBA
O domingo 25 de Novembro comezou a cuarta liga de carreiras escolares de O Grove. O tempo concedeunos unha tregua e puidemos disfrutar dunha estupenda mañá de carreiras. Máis de 200 rapaces, vidos algúns doutros concellos do Salnés, non se quixeron perder esta cita inaugural, a primeira de catro probas que ao longo do ano percorrerá distintos enclaves do Concello de O Grove. En breve publicaremos as clasificacións provisionais despois desta primeira cita. Mentras tanto clicade na foto e disfrutade da reportaxe fotográfica.
jueves, 22 de noviembre de 2018
REGULAMENTO DA 4ª LIGA DE CARREIRAS- TEMPADA 2018-19
REGULAMENTO
XERAL
- Organizan:
CEIP Valle Inclán, Concello de O Grove e o club deportivo “Ría
de Arousa”, de O Grove.
- Colaboran:
Centros educativos de O Grove.
- Obxectivo:
Promocionar o deporte do atletismo e os seus valores entre os
rapaces e as familias do Concello e arredores.
- Lugar e
datas:
Celebraranse un total de catro carreiras ao longo do curso 2018-2019
co seguinte calendario:
-
Domingo 25 de Novembro, no colexio Valle Inclán.
- Febreiro ou Marzo
de 2019,
en San Vicente (data aínda por determinar).
- Abril ou Maio de
2019,
(lugar
e data
exacta por determinar).
-
Xuño de 2019, no Parque Forestal de A Toxa (data por determinar).
- Horario:
10:30 horas.
-Categorías
e distancias aproximadas a percorrer:
-
Pitufo (alumnado de Ed. Infantil)………………………....150
m.
- Prebenxamín
(nados en 2012/
1º de Primaria) ……..….300 m.
(As
carreiras das categorías de Pitufos e Prebenxamín non terán
carácter competitivo,é dicir, non puntuarán na liga).
- Benxamín (nados
en 2011-2010
/ 2º e 3º de Primaria).. ..600 m.
- Alevín (nados en
2009/2008
/ 4º e 5º de Primaria)…......1200 m.
- Infantil (nados
en 2007/2006
/ 6º Prim. e1º da ESO)…...2000 m.
-Cadete (nados en
2005/2004
/ 2º e 3º da ESO)…………2600 m.
-Xuvenil (nados en
2003/2002)………………………….… 2600 m.
Nalgunhas
das carreiras, puntualmente, poderán participar tamén atletas da
categoría senior .
-Inscripcións:
A través dos centros educativos e Institutos de O Grove nas
semanas previas a cada carreira. Excepcionalmente o día da proba
na zona de meta antes
das 10:30 horas.
(Poderase
participar nunha carreira, en dúas, en tres ou nas catro ao longo do
curso).
-Retirada de
dorsais:
Entregaráselles nos centros educativos de O Grove na semana previa a
cada carreira e excepcionalmente o día de cada proba antes das 10:30
horas.
-Clasificacións
e sistema de puntuación:
En cada carreira otorgarse unha puntuación en cada categoría
(diferenciando masculina e feminina) en función do posto acadado:
1ª
posición: 100 puntos; 2ª posición: 90 puntos; 3ª posición: 80
puntos;
4ª
posición: 70 puntos; 5ª posición: 60 puntos; 6ª posición:50
puntos; 7ª posición:40 puntos; 8ª posición:30 puntos; 9ª
posición: 29 puntos; 10ª posición: 28 puntos; 11ª posición: 27
puntos; 12ª posición: 26 puntos;…
Establecerase unha
clasificación final coa suma dos puntos acadados nas catro
carreiras que permitirá coñecer os gañadores finais da liga de
carreiras en cada
categoría. No caso de empate gañará
o que máis veces
quedara por diante;
no caso de persistir o empate gañará o que se clasifique por diante
na derradeira carreira de A Toxa.
-Premios:
Entregaranse
na última carreira na Toxa.
-
Haberá medallas para todos os participantes.
-
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados (masculino e femenino) en cada categoría, é dicir, para os que acadaran máis puntos sumando os resultados das catro carreiras.
-Será
motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo
comité organizador, sendo a súa decisión inapelable.
-Dado
o carácter lúdico do evento a Organización agarda de todos os
participantes o mellor espíritu deportivo.
-
Os participantes estarán en todo momento baixo a custodia dun
familiar ou persoa adulta responsable.
-A organización non se responsabiliza
dos danos físicos ou materiais que poideran sufrir os participantes
durante as probas como consecuencia das mesmas.
-
Toda a información, fotos das carreiras e clasificacións
provisionais e finais serán publicadas en
ligadecarreirasdeogrove.blogspot.com
- A inscripción na
proba implica a aceptación do presente regulamento
jueves, 15 de noviembre de 2018
COMEZA A IV LIGA DE CARREIRAS
Co cartel feito polo noso compañeiro Xabier Maldonado querémosvos dar a benvida á IV liga de carreiras escolares de O Grove. A primeira cita será o vindeiro domingo 25 de Novembro, ás 10:30 horas, no Ceip Valle Inclán. Alí nos vemos!.
martes, 26 de junio de 2018
CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA
Coa publicación das clasificacións finais damos por finalizada a liga deste ano. Parabéns a todos os participantes porque eles fan posible que esta liga sexa un éxito. Vémonos na vindeira liga, a que será a cuarta edición. Feliz verán.
lunes, 18 de junio de 2018
DESENLACE DA LIGA
No día de onte, 17 de Xuño, celebramos a derradeira carreira da liga. Como é habitual a mesma tivo lugar no marco incomparable de A Toxa. Con máis de 200 rapaces, algúns venidos doutros concellos da comarca como Cambados ou Vilanova de Arousa, a cita tivo o seu colofón coa entrega de medallas para todos os particpantes así como os trofeos aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías. Á espera de publicar as clasificación completas, aquí tedes o cadro de honor cos primeiros clasificados.
-BENXAMIN FEMININO
Primeira: SANDRA LAMELAS FERNANDEZ- CEIP Valle Inclán
Segunda: SOFIA PENAS LORENZO- CEIP Valle Inclán
Terceira: AINARA PORTELA DA SILVA- CEIP Valle Inclán
-BENXAMIN MASCULINO
Primeiro: MARCOS AGUIÑO GUIO- CEIP Valle Inclán
Segundo: YAGO DOMINGUEZ VIDAL- CEIP Valle Inclán
Terceiro: XURXO CONDE DEVESA- CEIP Valle Inclán
-ALEVIN FEMININO
Primeira: CELIA CASTRO PADÍN- ATLETISMO CAMBADOS
Segunda: RAQUEL GONZALEZ BESADA- CEIP Valle Inclán
Terceira: MAR CORES ABAL- CEIP Valle Inclán
-ALEVIN MASCULINO
Primeiro: DANIEL BLANCO GONZALEZ- CEIP AS BIZOCAS
Segundo: BREIXO CASTRO BESADA- CEIP Valle Inclán
Terceiro: HUGO RIVEIRO REBOLLIDO- ATLETISMO CAMBADOS
-INFANTIL FEMININO
Primeira: MARIA DOMINGUEZ CORRAL- IES AS BIZOCAS
Segunda: CARLA DOMINGUEZ CORRAL- IES AS BIZOCAS
Terceira: AMANDA PROL REY- IES AS BIZOCAS
-INFANTIL MASCULINO
Primeiro: SAMUEL FERNANDEZ LEAL- CEIP NANTES
Segundo: DANIEL FERNANDEZ LEAL- CEIP NANTES
Terceiro: PABLO CASTRO CRUCES- IES AS BIZOCAS
-CADETE FEMININO
Primeira: CANDELA CASTRO PADIN- ATLETISMO CAMBADOS
Segunda: PAMELA VIDAL TORRES- IES AS BIZOCAS
Terceira: NEREA PREGO GONZALEZ- IES CABANILLAS CAMBADOS
-CADETE MASCULINO
Primeiro: MARCO SINEIRO FEIJO- ATLETISMO CAMBADOS
-XUVENIL FEMININO
Primeira:ESTELA FIEIRO OTERO- IES Monte da Vila
-XUVENIL MASCULINO
Primeiro: ELOY FERNANDEZ FERNANDEZ- IES As Bizocas
Segundo: NICOLAS FUENTES PADIN- IES As Bizocas
Foto de familia con todos os premiados.-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















