martes, 22 de abril de 2025

CLASIFICACIÓNS e FOTOS da SEGUNDA CARREIRA

 Despois da segunda proba celebrada recentemente no campo de fútbol de Lampáns a liga chega ao seu ecuador. Quedan por disputar outras dúas carreiras para rematar esta apaixoante competición. Mentras tanto aquí tedes as clasificacións tras esta segunda carreira así como unha ampla galería de fotos. Vémonos no mes de maio na terceira proba!.

CLASIFICACIÓNS

GALERÍA DE FOTOS

viernes, 11 de abril de 2025

SEGUNDA CARREIRA DA LIGA

Este domingo 13 de abril vai ter lugar a segunda carreira da liga escolar 2025. A mesma será no campo de fútbol de Lampáns, en Balea. Aquí vos deixamos un plano do circuito e as distancias que se van a correr en cada categoría. Vémonos o domingo!.



jueves, 20 de marzo de 2025

CLASIFICACIÓNS DA PRIMEIRA CARREIRA

 O pasado domingo 16 de marzo celebrouse en Confín a primeira das catro carreiras da liga deste ano. A mesma foi un éxito de participación con máis de 300 inscritos. Mentras agardamos a segunda das probas, aquí tedes os resultados desta primeira cita e unha pequena reportaxe fotográfica.

CLASIFICACIÓNS DESPOIS DA PRIMEIRA CARREIRA

FOTOS

martes, 25 de febrero de 2025

VIII LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES 2025

 Un ano máis aquí estamos para presentar unha nova liga de carreiras escolares que comezará en breve. Será o domingo 16 de marzo cando teñamos a primeira proba, en Confín, a partir das 10:30 h. Mentres chega este momento aquí podedes consultar o regulamento da liga que constará, como ven sendo habitual, de catro probas. Vémonos nunhas poucas semanas!.




jueves, 20 de junio de 2024

GALERÍA DE FOTOS DA CUARTA CARREIRA E ENTREGA DE TROFEOS

 

PREME NA IMAXE PARA VER A GALERÍA COMPLETA 

CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA

 Xa rematou a liga!. Na derradeira carreira tivemos unha visita inesperada,  a da choiva. Aínda así foron moitas as familias que se deron cita neste fin de festa na Illa de A Toxa. Por iso queremos agradecerlle ás mesmas o seu compromiso con este evento que ano tras ano atrae a máis xente. Aquí tedes as clasificacións finais. Disfrutade agora dun merecido descanso e nos vemos na vindeira liga de carreiras escolares!.


CLASIFICACIÓNS FINAIS

lunes, 10 de junio de 2024

DERRADEIRA CARREIRA DA LIGA E FIN DE FESTA

 O vindeiro domingo 16 de xuño disputarase a cuarta e derradeira carreira da liga escolar 2024. Será na illa da Toxa (no entorno a carón  dos burros) a partir das 10:30 horas. Comezaremos como ven sendo habitual polas categorías superiores. Como xa sabedes, nesta derradeira cita haberá medallas para todos os participantes e farase entrega dos trofeos aos primeiros clasificados nas diferentes categorías puntuables, é dicir, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. Agardámosvos a tod@s!.