Ante a crise sanitaria provocada polo Covid-19 vémonos na obriga de cancelar definitivamente a liga de carreiras 2019-2020, deixando sen efecto os resultados acadados na única carreira disputada no mes de decembro de 2019. Esperemos que voltemos á normalidade e poidamos disputar esta interesante liga no vindeiro ano.
viernes, 26 de junio de 2020
jueves, 12 de marzo de 2020
ÚLTIMA HORA!. APRAZADA A SEGUNDA CARREIRA DA LIGA en LAMPÁNS
Seguindo as recomendacións ante o problema do coronavirus que nos está a afectar na actualidade, como medida de prevención vémonos na obriga de aprazar a carreira que tiñamos prevista para este domingo 15 de Marzo en Lampáns. Dependendo do tempo que dure esta crise valorarase celebrala noutras datas ou suspendela definitivamente.
lunes, 9 de marzo de 2020
SEGUNDA CARREIRA DA LIGA-Domingo 15 de Marzo, ás 10:00 horas
O vindeiro domingo 15 de Marzo, a partir das 10:00 horas, disfrutaremos da segunda carreira da liga desta tempada. O lugar escollido será de novo o campo de fútbol de Lampáns, en Balea, San Vicente. Nas vindeiras datas iremos dando máis información sobre as distancias a percorrer en cada unha das categorías. Comezaremos polas categorías superiores.Alí vos agardamos a tod@s!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)