martes, 27 de junio de 2023

CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA

 Coa publicación das clasificacións finais da VI liga de carreiras damos por concluída a mesma. Destacar a gran participación en todas as probas. Vémonos na VII edición no curso que ven. Ata entón feliz verán!.  

CLASIFICACIÓNS FINAIS DA LIGA

lunes, 19 de junio de 2023

GALERÍA DE FOTOS DA TERCEIRA CARREIRA- A TOXA

No día de onte máis de 260 nen@s disfrutaron na Toxa da derradeira carreira da liga deste curso. Ademáis fixemos entrega de medallas a todos os participantes así como dos trofeos aos primeiros clasificados da liga. Mentres agardamos pola publicación dos resultados finais, aquí tedes como aperitivo unha ampla reportaxe fotográfica desta gran xornada de carreiras!. 



                                                        (Clicade na foto para ver a galería) 

lunes, 12 de junio de 2023

TERCEIRA CARREIRA DA LIGA- DOMINGO 18 de Xuño ás 11:00 horas

O vindeiro domingo 18 de Xuño terá lugar a derradeira carreira da liga. A mesma será como ven sendo habitual na illa da Toxa. As carreiras darán comezo ás 11:00 h. e a continuación  entregaremos os trofeos aos tres primeiros clasificados da liga nas diferentes categorías desde benxamíns a xuvenís. Lembrade tamén que neste fin de festa teremos medallas para tod@s @s participantes. Agardámosvos o domingo na Toxa, non faltedes!.

miércoles, 24 de mayo de 2023

GALERÍA DE FOTOS DA SEGUNDA CARREIRA- Campo de fútbol de Lampáns

 Aquí tedes as fotos nas que saen case que todos os participantes nas distintas carreiras e categorías desta segunda carreira da liga. Pinchade na foto que figura a continuación para velas. 




martes, 23 de mayo de 2023

CLASIFICACIÓNS TRAS A SEGUNDA PROBA

Xa tedes aquí os resultados da segunda carreira disputada o Día das Letras Galegas no campo de Lampáns e como marchan as clasificacións a falta da derradeira proba que terá lugar en Xuño na Illa da Toxa. En todas as categorías está todo por decidir. Lembrade que na última cita teremos medallas para todos os participantes e trofeos para os tres primeiros de cada categoría a partir de benxamíns tanto masculina como feminina. En nada nos vemos nesa festa final !. 


martes, 16 de mayo de 2023

PERCORRIDOS E DISTANCIAS- CAMPO DE FÚTBOL DE LAMPÁNS (BALEA)

 Aquí tedes o deseño do circuito que temos preparado para a carreira de mañá mércores, xunto coas distancias que percorrerá cada categoría. Agardamos que vos guste e que disfrutedes dunha mañá chea de carreiras. 



lunes, 8 de mayo de 2023

SEGUNDA CARREIRA DA LIGA

 Xa temos data para a segunda carreira da liga. Será o mércores 17 deste mes de Maio , Día das Letras Galegas, no campo de fútbol de Lampáns (Balea) ás 10:30 horas. Comezaremos como na primeira carreira polas categorías superiores. Agardámosvos a todos e todas nesta nova cita!.

miércoles, 26 de abril de 2023

CLASIFICACIÓNS DA PRIMEIRA CARREIRA

Despois da primeira carreira celebrada este domingo pasado  no campo de fútbol Monte da Vila xa temos as clasificacións da mesma. Lembrade que serán tres as probas puntuables dos que sairán os gañadores/as da liga de carreiras escolares 2023. Animádevos a participar na seguinte!.

CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS

lunes, 24 de abril de 2023

GALERÍA DE FOTOS E VIDEOS DA PRIMEIRA CARREIRA

Mentres agardamos a publicar os resultados da primeira carreira celebrada onte no campo de fútbol de Monte da Vila,  aquí tedes unha pequena mostra de fotos e vídeos. Agradecer a participación na mesma xa que foron moitos os rapaces e rapazas, case que 300, que se achegaron ata o Monte da Vila para disfrutar deste evento. Agardámosvos na seguinte!. Premede na foto para ver a galería.


                                   

viernes, 21 de abril de 2023

DISTANCIAS E CIRCUITOS PARA ESTE DOMINGO 23 DE ABRIL- Campo de fútbol de Monte da Vila

 Xa tedes aquí as distancias e percorridos das carreiras deste domingo. Lembrade que as mesmas  darán comezo ás 10:00 h. e que se empezará polas categorías superiores.



lunes, 17 de abril de 2023

VOLVE A LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE

Estamos de volta!. Despois do parón da pandemia  voltamos coa liga de carreiras escolares de O Grove que tanto éxito de participación tivo no pasado. Este ano será a sexta edición e serán 3 as carreiras que puntuarán nesta emocionante liga. A primeira cita será este domingo 23 de Abril no campo de fútbol de Monte da Vila a partir das 10:00 h. da mañá. Mentres chega ese momento aquí tedes o regulamento da liga. Animádevos a participar!.