martes, 19 de noviembre de 2019

Comeza a V LIGA DE CARREIRAS ESCOLARES DE O GROVE

O vindeiro Domingo 1 de Decembro, a partir das 10:30 horas, poñerase a andar a V Liga de Carreiras escolares de O Grove. A cita inaugural será, como xa ven sendo habitual, no CEIP Valle Inclán, no barrio de Ardia. Serán, como nos anos anteriores, catro carreiras a disputar por diferentes puntos do Concello que terán o seu colofón e fin de festa na Illa da Toxa alá polo mes de Xuño, cita na que faremos a entrega de trofeos aos primeiros clasificados. Desde aquí queremos convidar a todos os rapaces e rapazas da contorna a participar nesta liga. Vémonos o día 1.


No hay comentarios:

Publicar un comentario